Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38318

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base, así como as solicitudes desestimadas e a causa.

O artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia recolle, no seu punto 22, a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega na promoción do deporte e a adecuada utilización do lecer. Recollendo esta asunción de competencia exclusiva, aprobouse a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, pola que se pretende a plena efectividade do feito e dereito deportivo na nosa comunidade autónoma.

No ámbito do deporte de alto nivel, o artigo 34 da lei establece que, independentemente da clasificación xeral de deportistas de alto nivel e das medidas que se establecen na lexislación do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia poderá realizar unha clasificación propia de deportistas galegos de alto nivel, de acordo coas federacións deportivas galegas, para os efectos do ámbito galego, e que será publicada no Diario Oficial de Galicia, aos cales lles serán de aplicación os beneficios que se establecerán regulamentariamente.

En desenvolvemento da citada Lei do deporte, o Decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, e a Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen os criterios técnico-deportivos para a obtención das condicións de persoa deportista de alto nivel, alto rendemento deportivo e rendemento deportivo de base, e os criterios deportivos para o recoñecemento dos núcleos de adestramento deportivo especializado, atribuíndo, así mesmo, á Comisión galega de avaliación do alto nivel deportivo, do alto rendemento deportivo de base, que elevará a proposta de resolución á persoa titular do órgano competente en materia de deporte a relación de deportistas galegos de alto nivel.

En consecuencia, atendendo á proposta enviada, con data do 14 de xullo de 2021, pola referida comisión, na súa reunión de valoración, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación de deportistas que cumpren os criterios para seren recoñecidos/as como deportistas de alto nivel de Galicia, de alto rendemento e rendemento deportivo de base, que se relacionan no anexo I desta resolución e que, en consecuencia, gozan dos beneficios que para tal consideración se atribúan.

Segundo. Publicar a relación das solicitudes desestimadas e a causa, que se relacionan no anexo II desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta secretaría xeral, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, no xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela 14 de xullo de 2021

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I

Deportistas recoñecidos/as de alto nivel, alto rendemento,
rendemento deportivo de base de Galicia e técnicos

Apelidos

Nome

DNI

Modalidade/federación

Recoñecemento

1

Docarmo Silva

Carlos

***2218**

Fútbol

Alto nivel

2

Lago Cobas

Nerea

***2536**

Remo

Alto nivel

3

Mella Boullón

David

***9224**

Fútbol

Alto nivel

4

Pérez Campo

Álvaro

***2413**

Fútbol

Alto nivel

5

Pérez Méndez

Hugo

***4653**

Balonmán

Alto nivel

6

Santos Orge

Alba Itziar

***5542**

Halterofilia

Alto nivel

7

Suárez Corral

Brais

***5411**

Fútbol

Alto nivel

8

Virulegio Niño

Daniel

***2942**

Balonmán

Alto nivel

ANEXO II

Solicitudes desestimadas e a causa

Apelidos

Nome

DNI

Modalidade/federación

Causa

1

Corral Alonso

Alberto

***0152**

Orientación

Non acadar mérito deportivo

2

Gómez Pérez

Diego

***4737**

Fútbol

Non acadar mérito deportivo

3

González Bermejo

Alejandro

***3596**

Fútbol

Non acadar mérito deportivo

4

Martínez Delgado

Alejandro

***9848**

Fútbol

Non acadar mérito deportivo

5

Ochoa Ruíz

Martín

***7937**

Fútbol

Non acadar mérito deportivo

6

Pereda Franco

Adrián

***0394**

Fútbol

Non acadar mérito deportivo