Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38030

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 (programa Cheques dixitalización COVID-19), susceptibles de ser financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).

Advertido un erro na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 130, do 9 de xullo de 2021, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 35131, no artigo 6.1, onde di: «1. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abranguerá desde o día seguinte ao peche da convocatoria anterior (1 de outubro de 2020) ata a data máxima de execución establecida na resolución de convocatoria, 15 de novembro de 2021. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.», debe dicir: «1. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abranguerá desde o día seguinte ao do peche da convocatoria anterior (16 de decembro de 2020) ata a data máxima de execución establecida na resolución de convocatoria, 15 de novembro de 2021. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.».