Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 23 de xullo de 2021 Páx. 37807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2020/216-1).

Expediente-e: IN407A 2020/216-1.

Promotora: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Instalación: LMT, CT Santa Margarida e enlace coa RBT, no lugar de Santa Margarida.

Concello: A Laracha.

Feitos:

1. O 30 de decembro de 2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da devandita instalación de distribución eléctrica co fin de mellorar a rede de distribución existente en media e baixa tensión.

Achegan o proxecto que inclúe a memoria, os planos e o orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: LMT, CT Santa Margarida e enlace coa RBT.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 19 de febreiro de 2021.

– DOG: 18 de marzo de 2021.

– BOP: 1 de marzo de 2021.

– Xornal La Voz de Galicia: 26 de febreiro de 2021.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo o certificado municipal do secretario do Concello da Laracha, con data do 14 de abril de 2021.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Servizo de Patrimonio Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña; Concello da Laracha e Telefónica de España, S.A. A empresa promotora manifestou a súa conformidade coas condicións establecidas polos organismos afectados.

5. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron un informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Xefatura Territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 á 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 á 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

• LMTS a 15 kV de 471 metros con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×150 Al), con orixe no PA/S proxectado no apoio número 55-31, proxectado tipo C-14/3000, que substitúe o existente da LMT ao CT Santa Margarida (expediente 51643) e remate no PA/S proxectado no apoio existente 55-35, proxectado tipo C-14/3000, que substitúe o existente da LMT ao CT Canedo (expediente 50858), logo de facer E/S no CT proxectado.

• Desmontaxe da LMTA existente nos treitos seguintes:

– LMT ao CT Santa Margarida (expediente 51643) a 15 kV de 281 metros, condutor tipo LA-30, con orixe no apoio existente 55-29, tipo HV-13/1000 e remate no apoio 55-31 proxectado tipo C-14/3000, que substitúe o existente.

– LMT ao CT Canedo (expediente 50858) a 15 kV de 192 metros, condutor tipo LA-30, con orixe no apoio existente 55-35, proxectado tipo C-14/3000, que substitúe o existente, e remate no apoio 55-37 existente tipo HV-15/1600.

• Novo CT Santa Margarida, compacto prefabricado, cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400 V e configuración 2L+1P.

• Desmontaxe do CT existente (expediente 51643).

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos á expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinalada no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da devandita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e as prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas adecuadas para a montaxe da instalación e a posta a punto.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 12 de xullo de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña