Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 21 de xullo de 2021 Páx. 37468

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO de aprobación da delimitación de solo do núcleo rural tradicional da Veiga, parroquia de Pradeda, Guntín.

Unha vez aprobado inicialmente o documento de delimitación do núcleo rural tradicional da Veiga, parroquia de Pradeda, Guntín, por acordo do Pleno do día 24 de xuño de 2021, conforme o artigo 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese á información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio nos xornais El Progreso, La Voz de Galicia e no Diario Oficial de Galicia.

Durante ese prazo calquera interesado poderá examinalo no Servizo de Urbanismo do concello para formular as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

O horario de consultas é de luns a venres, das 9.00 ás 15.00 horas.

O literal da parte resolutiva do acordo adoptado é o seguinte:

«Primeiro. Aprobar inicialmente, nos termos que obran no expediente, o documento de delimitación do núcleo rural tradicional da Veiga (parroquia de Pradeda), Guntín, redactado para a aprobación provisional, que contén a memoria xustificativa dos cambios introducidos e está adaptado ás normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia aprobadas mediante a Orde do 10 de outubro de 2019 (DOG nº 224, do 25 de novembro), que incorpora as correcións requiridas polos devanditos órganos sectoriais e valida as actuacións efectuadas no expediente G 187/2019.

Segundo. Abrir un período de información pública por prazo de dous meses mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no xornal La Voz de Galicia e no xornal El Progreso. Durante ese período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo estará á disposición dos interesados na sede electrónica.

Terceiro. Notificar individualmente todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados».

Guntín, 12 de xullo de 2021

Mª José Gómez Rodríguez
Alcaldesa