Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 21 de xullo de 2021 Páx. 37470

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de anulación de acordo plenario.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o 12 de xullo de 2021, adoptou, por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, o acordo cuxo teor literal é o seguinte:

«Primeiro. Atender o requirimento previo de anulación formulado pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, do 26 de maio de 2021, de conformidade co disposto no artigo 88.3) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e proceder á anulación do Acordo plenario do 16 de abril de 2021, de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións do polígono P-6.1 da AR-6 no núcleo de Reboredo.

Segundo. Efectuar as correccións procedentes postas de manifesto no requirimento formulado pola dita consellería, procedendo á aprobación provisional do instrumento de planeamento e a súa remisión á Consellería para a emisión do informe previo á aprobación definitiva de conformidade co establecido no artigo 75.1.e) da LSG, e conservando, polo tanto, os actos e a tramitación anteriores á fase cuxa anulación se invoca, sempre no suposto de que as modificacións introducidas na documentación técnica non sexan substanciais; noutro caso, deberíase avaliar a posibilidade do sometemento do plan a un novo trámite de exposición pública previo á aprobación provisional».

O que se publica para os efectos oportunos. Queda sen vixencia os anuncios publicados no DOG núm. 84, do 5 de maio de 2021.

San Cibrao das Viñas, 13 de xullo de 2021

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde