Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 21 de xullo de 2021 Páx. 37467

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso dotacional público da parcela 4057316NJ6145N0000MG (D-1 PP do Bertón).

O 27 de maio de 2021, o Concello Pleno de Ferrol acordou, en relación co cambio de uso de parcela dotacional:

«a) Aprobar, por maioría absoluta e ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o cambio de uso da parcela dotacional D-1 do Plan parcial do Bertón, con referencia catastral 4057316NJ6145N0000MG, inscrita no inventario municipal de bens (código 1.118.200), que pasa do uso deportivo ao uso asistencial, sanitario e deportivo.

(...)

Consecuencias do acordo:

1º. En relación co cambio de uso demanial da parcela: este acordo deberá publicarse no BOP e no DOG. Deberá remitirse este acordo, xunto con dúas copias debidamente dilixenciadas do aprobado, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, para o seu coñecemento e efectos, así como para a inclusión nos sistemas de información urbanística da Comunidade Autónoma. No anuncio de aprobación farase constar a dita remisión.(...)».

O 9 de xuño de 2021 foille notificado o dito acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Ferrol, 14 de xuño de 2021

O alcalde
P.D. (Decreto do 8.7.2019; BOP do 22 de xullo)
Julián Reina Villalón
Concelleiro delegado titular da Área de Urbanismo e Infraestruturas