Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se lle dá publicidade á Resolución do 28 de xuño do 2021 de modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Exlabesa Extrusión Padrón, S.L., para a fábrica de extrusión e anodizado de perfís de aluminio (centro Rois), situada no concello de Padrón (número de rexistro AAI: 2006/0285_NAA/IPPC_148).

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: fábrica de extrusión e anodizado de perfís de aluminio (centro Rois)

Procedemento: modificación substancial e non substancial da autorización ambiental integrada e ampliación de códigos LER

Titular: Exlabesa Extrusión Padrón, S.L.

Expedientes: 2020-IPPC-M-124, 2020-IPPC-M-158 e 2021-IPPC-M-19

Localización: concello de Padrón (A Coruña)

Nº rexistro AAI: 2006/0285_NAA/IPPC_148

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou, presencialmente, na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2021

María Sagrario Pérez Castellano
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático