Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0018/2020 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 29 de xuño 2021

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado polo

CON-PO-0018/2021

53113048-E

Resolución

Xefe territorial

CON-PO-0076/2021

11438054-Q

Incoación

Xefe territorial

ILL-PO-0031/2021

12018209-L

Proposta

Instrutor