Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual de diversos aspectos normativos e das aliñacións nas estradas autonómicas, nas da Deputación Provincial de Ourense e nas da rede municipal do Plan xeral de Coles (expediente 2020AAE2513).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 24 de xuño de 2021, sobre a modificación puntual de diversos aspectos normativos e das aliñacións nas estradas autonómicas, nas da Deputación Provincial de Ourense e nas da rede municipal do Plan xeral de Coles.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da Internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código: 2409/2021.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático