Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2021 Páx. 36450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución dos recursos de reposición presentados contra o deslindamento do monte veciñal da parroquia de Goián, concello de Sarria (expediente 66/78).

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 2 de xuño de 2021 figura o seguinte acordo:

Monte Pena, Cruz da Aguieira e San Marcos (exp. 66/78), pertencente aos veciños da parroquia de Goián, no concello de Sarria.

Con data do 11.1.2021, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC aprobou un deslindamento parcial do monte veciñal con propiedades particulares.

Contra este acordo foron presentados os seguintes recursos:

– O día 19.2.2021 tivo entrada un recurso de reposición, presentado por José Manuel López Pérez.

– O día 20.2.2021 tivo entrada un recurso de reposición, presentado por Angustias, Regina e María Eva Fernández Limeres.

– O día 17.3.2021 tivo entrada un recurso de reposición, presentado por Raquel López Vila e vinte e nove persoas máis.

En todos os citados recursos, as persoas recorrentes, entre outros aspectos, maniféstanse en desacordo coa inclusión dalgunhas parcelas no esbozo do monte.

Con data do 30.4.2021, o Servizo de Montes elabora un informe sobre as parcelas reclamadas polos recorrentes, coas seguintes indicacións:

– As parcelas 580 e 581 do polígono 23 (reclamadas por José Manuel López Pérez) están parcialmente dentro do esbozo do monte e o perímetro definitorio nese ámbito non formou parte do expediente de deslindamento.

– A parcela 292 do polígono 23 (reclamada polas irmáns Fernández Limeres) está parcialmente dentro do esbozo do monte, pero non foron obxecto do deslindamento impugnado.

– As parcelas 595, 116 e parte da 594, do polígono 20 (reclamada por Raquel López Vila) non forman parte do perímetro obxecto do deslindamento, que está todo no polígono 23.

Examinados os recursos, o Xurado, por unanimidade, acorda non admitilos, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución.

Contra esta resolución, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 29 de xuño de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo