Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 36061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de modificación dos estatutos da Federación de Autónomos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que se inscribiu a modificación de estatutos da Federación de Autónomos de Galicia acordada pola Xunta Directiva do 29 de outubro de 2020 na oficina central do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia. O seu novo domicilio social é avenida Fisterra, 27, 1º D, no concello de Arteixo.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social