Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 36059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 29 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas en procedementos sancionadores e que foron devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2015/00614 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica nos expedientes sancionadores, devoltos polo servizo de Correos porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situadas no complexo administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela, se desexan examinar os expedientes e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Fáiselles saber que contra as devanditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, poderán formular un recurso contencioso-administrativo ante, á súa elección, o xulgado do contencioso administrativo en cuxa circunscrición teñan o seu domicilio as persoas demandantes ou o de Santiago de Compostela, entendéndose limitada esta posibilidade de elección aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao final do prazo de dez (10) días antes sinalado ou ao da comparecencia dos interesados, de ser o caso, de conformidade co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Núm. recurso alzada/

Núm. procedemento sanc.

Persoa interesada

Acto notificado

RA/M/2015/00614

PO-02301-O-2013

ST 97 Transportes y Logística, S.L.

Resolución recurso

RA/M/2015/00630

PO-01474-O-2013

Inmuebles y Logística, S.A.

Resolución recurso

RA/M/2016/00164

OU-01242-O-2015

Fisterra Transportes Internacionales de Galicia, S.L.

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2019/00660

PO-03230-O-2016

Eduardo Miralles Millán

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2019/00813

LU-00385-O-2016

Emilio Soto Gómez

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2020/00139

XC-00409-O-2017

Aserraderos Costas de Galicia, S.L.

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2020/00164

XC-01975-I-2017

Tiago de Jesús Anjos

Resolución recurso