Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 36062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de modificación dos estatutos da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que se inscribiu a modificación de estatutos da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Galicia acordada pola Asemblea Xeral extraordinaria o 30 de outubro de 2020, na oficina central do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia. O seu novo domicilio social é na avenida Fisterra, 27 1º D, no concello de Arteixo.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social