Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 36081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición presentado contra a revisión do esbozo do monte Bosque, Serra Lagüela, Ganarón e Cabaleirón do concello de Paradela (expediente 68/80).

Na sesión do Xurado Provincial do día 2.6.2021 figura o seguinte acordo sobre o monte Bosque, Serra Lagüela, Gandarón e Cabaleirón (expediente 66/80), pertencente á Comunidade de Andreade, Barán e Vilaragunte, no concello de Paradela.

Con data do 8.1.2020 tivo entrada un recurso de reposición, presentado por Ana Mª López Rodríguez, contra o Acordo do Xurado do 25.11.2019, de revisión do esbozo do monte veciñal. A recorrente ratifica as alegacións presentadas durante a tramitación do expediente de revisión do esbozo, manifesta, en síntese, que é propietaria da parcela 646, subparcela b, do polígono 13 do concello de Paradela, inscrita no Rexistro da Propiedade, e solicita a súa exclusión do esbozo do monte.

Unha vez examinado o recurso, o Xurado, por unanimidade, acorda non admitilo, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución.

Contra esta resolución, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 24 de xuño de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo