Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35832

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación inicial por silencio administrativo do Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado S-1.I (Coeses-Cuíña).

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 23.6.2021, acordou tomar razón da aprobación inicial producida por silencio administrativo positivo, con data do 19 de febreiro de 2020, do Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado S-1.I (Coeses-Cuíña), formulado pola entidade mercantil Novafrigsa, S.A. O silencio administrativo positivo foi acreditado mediante a correspondente certificación administrativa, que consta no expediente, formalizada pola vía do artigo 24.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), con base no informe do Servizo Municipal de Urbanismo do 7 de xuño de 2021.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese á información pública polo prazo de dous meses, durante o cal poderá ser examinado o contido íntegro do documento aprobado no seguinte enderezo electrónico: http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Así mesmo, indícase que durante o indicado prazo poderán presentarse neste concello as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Para calquera dúbida ou aclaración poderán dirixirse ao Servizo Municipal de Urbanismo (rolda da Muralla, nº 197, 1º andar).

Lugo, 2 de xullo de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto 2973/2021)
O tenente alcalde delegado da Área de Sostibilidade Urbana
P.S.
Paula Alvarellos Fondo
Tenente alcalde da Área de Gobernanza
de Economía e Recursos Humanos