Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35830

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 30 de xaneiro de 2020, adoptou o seguinte acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para regularización e reaxuste de rasantes, mellora da accesibilidad na confluencia das rúas Vista Alegre, Cantón e Alfredo Brañas, segundo proxecto asinado polos arquitectos Javier López Cabana (colexiado COAG nº 1582) e José Manuel Bello Castro (colexiado COAG nº 2378). A dita aprobación queda suxeita a que a urbanización manteña a coherencia e continuidade co pavimento actual da rúa e arredores, polo que a urbanización en toda a zona afectada será pavimento de formigón similar ao existente.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Notificarlles este acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo a aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia.

Quinto. Facultar o alcalde presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto».

O contido íntegro do estudo de detalle estará á disposición do público no enderezo electrónico: www.concellodelaxe.com

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor vostede calquera outro recurso que poida considerar máis conveniente ao seu dereito.

Laxe, 22 de xuño de 2021

José Luis Pérez Añón
Alcalde