Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35833

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da anulación do Plan parcial do sector SUND-30 A Ferrala (expediente FG número 574).

A Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Sentenza 00142/2021, do 16 de marzo, estimou o recurso 4107/2019, interposto pola Xunta de Galicia contra o Acordo do Concello Pleno, do 29 de novembro de 2018, polo que se aprobou o Plan parcial do sector SUND-30 A Ferrala, en Liáns, e o Acordo do 11 de abril de 2019 polo que se rexeitou o requirimento de anulación formulado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

En consecuencia, anulouse o Plan parcial do sector SUND-30 A Ferrala, en Liáns, por considerarse contrario ao ordenamento xurídico.

Oleiros, 8 de xuño de 2021

Ángel García Seoane
Alcalde presidente