Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35834

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial (expediente FG 674).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2021003295, do 5 de xullo de 2021, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle da zona 2 do Plan especial de reforma interior do POL-24 O Paraíso, Oleiros (documento R.E. nº 2021011359, do 30.6.2021).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 7 de xullo de 2021

Ángel García Seoane
Alcalde presidente