Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35156

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 29 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 (programa Cheques dixitalización COVID-19), susceptibles de ser financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).

BDNS (Identif.): 573737.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS)
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas nalgunha das seguintes categorías:

a) Pequenas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa) que desenvolvan a súa actividade en calquera sector de servizos.

b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014. Quedan excluídas desta epígrafe as entidades dedicadas aos sectores da pesca e da acuicultura, regulados polo Regulamento (CE) 104/2000 do Consello, e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, agrupacións industriais, colexios profesionais, asociacións sindicais ou cámaras. En calquera caso, estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada pola COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:

• Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.

• Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.

• Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.

• Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.

• Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.

• Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, notas de pedimento.

• Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes á clientela e de emisión de contidos en xeral.

• Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas…).

• Sistemas de balizas.

• Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados pola COVID-19.

• Adaptación da presenza na internet para o efecto da COVID-19, mediante elementos como bots de conversación autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.

• Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.

• Solucións de mellora da ciberseguridade.

• De maneira excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.

Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 € e os 12.000 € de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas do artigo 5 das bases reguladoras.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 29 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 (programa Cheques dixitalización COVID-19), susceptibles de ser financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).

Cuarto. Importe

O crédito dispoñible para a concesión nesta convocatoria aboarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e cos seguintes importes:

Partida orzamentaria 06.A1.741.A.7810: 400.000 €, con cargo ao ano 2021.

Partida orzamentaria 06.A1.741.A.7700: 3.600.000 €, con cargo ao ano 2021.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica