Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35251

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias do Plan do Concello de Vilalba (expediente 1228/2018).

Aprobada inicialmente polo Pleno, na súa sesión ordinaria celebrada o día 27 de maio de 2021, a modificación puntual das normas subsidiarias do Plan do Concello de Vilalba, definición das ordenanzas do grupo de vivendas «Pedrosa Latas e do solo dotacional de núcleo urbano».

No cumprimento do dito acordo e de conformidade co artigo 60.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública durante un prazo de dous meses (2 meses), contados a partir do día seguinte ao da última inserción do anuncio, anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como na sede electrónica deste concello e no portal de transparencia (https://vilalba.sedelectronica.es).

Durante o período de información pública, o expediente quedará á disposición de calquera persoa para os efectos do seu exame e/ou da presentación das alegacións e/ou suxestións que se consideren oportunas, nas dependencias do departamento de urbanismo (2ª andar da casa do concello) e no dito enderezo electrónico.

A aprobación inicial comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva da modificación puntual, segundo o artigo 47 da citada Lei do solo de Galicia.

Vilalba, 16 de xuño de 2021

Elba Veleiro Fernández
Alcaldesa