Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35250

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas 1 e 2 do Plan especial de reforma interior (PERI) A Maestranza, A Coruña (expediente 631/2021/55).

A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o 16 de xuño de 2021, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle das parcelas 1 e 2 do Plan especial de reforma interior (PERI) A Maestranza, A Coruña, marzo de 2021, promovido pola entidade Lipromo A Coruña, S.L.U. e asinado polo arquitecto Julio Zumárraga Gómez, habilitado como colexiado número 12.408 do C.O.A.G.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública durante o prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias municipais de Urbanismo das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou no enderezo electrónico registrourbanismo@coruna.es; na páxina web de Urbanismo do Concello https://coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «Exposición pública»; ou ben, desde a mesma web, a través do visor «Desenvolvemento do Planeamento».

A Coruña, 2 de xullo de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo