Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35248

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de xestión de biomasa (expediente 408/2021).

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece, no seu artigo 22.1, o que segue:

«As persoas que resulten responsables conforme o artigo 21 ter procederán á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cada ano (…).

A xestión da biomasa e a retirada de especies arbóreas realizarase conforme os criterios establecidos mediante orde da consellería competente en materia forestal».

Esta administración puido constatar o seguinte:

– Na parcela do polígono 47 parcela 30, coas referencias catastrais nº 36001A047000270000SQ e 36001A047000300001DW, localización: Rozas-Sela 36494 Arbo. Polígono 47 Parcela 30. 36430 Arbo (Pontevedra), clase de solo: rústico - uso principal: agrario. Polígono 47, parcela 30. 36494 Arbo (Pontevedra), incúmprese o artigo 21 da Lei 3/2007 pola existencia de maleza e árbores sen cumprir as distancias estipuladas con respecto ao solo urbano, segundo constata o informe do servizo municipal do 18 de maio de 2021.

– A sede electrónica do catastro sinala como propietarios a Deliz Míguez Míguez e Manuel Míguez Toucedo, pero intentada a notificación no domicilio que figura en catastro, no se puido practicar.

En virtude do que antecede, comunico que as persoas responsables dispoñen dun prazo voluntario de 15 días naturais para xestionar a biomasa na parcela con referencias catastrais 36001A047000270000SQ e 36001A047000300001DW, localización: Rozas-Sela - clase de solo: rústico - uso principal: agrario. Polígono 47, parcela 30. 36494 Arbo (Pontevedra), segundo os criterios establecidos na Orde da Consellería do Medio Rural, do 31 de xullo de 2007, pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal, de tal modo que, nunha franxa de 50 metros ao redor de solo urbano, non poderá haber maleza nin as árbores indicadas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007.

Transcorrido devandito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción leve tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, sancionable con ata 1.000 € segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

Ademais, advírteselle que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21 ter da Lei 3/2007 poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de producirse, conforme o establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.

Arbo, 10 de maio de 2021

Horacio Gil Expósito
Alcalde