Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 23 de xuño de 2021 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Andreajo Uno, varada na explanada de depósitos do porto de Tragove (Cambados).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Olga Suñe Recio, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 3 de xuño de 2021, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia o procedemento para a declaración de abandono da embarcación Andreajo Uno, con folio 7ª-VI-5-143-94, varada na explanada de depósitos do porto de Tragove, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por encontrarse a embarcación varada na explanada de depósitos do porto de Tragove sen actividade nin ningún mantemento e sen aboar as taxas pendentes desde o 11 de novembro de 2015, data en que foi trasladada a embarcación desde o porto de Baiona en execución de orde incumprida de posta en seco polo seu perigo de afundimento e retirada do porto, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgaselle ao interesado antes identificado un prazo máximo de dez (10) días para formular alegacións.

Advírteselle que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se vaian realizar sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

Con respecto ao seu exame, o expediente está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia, en Área Central, praza de Europa, 5 A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia