Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35191

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas

EDICTO (XVH 17/2020).

Xulgado: Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas

Procedemento: xuízo verbal desafiuzamento precario 17/2020

Demandante: Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, S.A.

Procurador: Jesús Martínez León

Demandados: ignorados ocupantes do terreo sito en Ourelo nº 38, Balea, Darbo (Cangas)

Resolución: Sentenza nº 43/2021, do 4 de marzo de 2021

Antecedentes de feito:

Primeiro. A referida demandante formulou demanda de xuízo de desafiuzamento por precario o día 18 de outubro do ano 2019, respecto da vivenda sita na rúa Ourelo nº 38, Balea, Darbo (Pontevedra), con base nos feitos que relacionadamente expoñía, e que aquí se dan por reproducidos en prol da brevidade.

Segundo. Admitida a trámite a demanda mediante Decreto do 22 de xuño de 2020, emprazouse a parte demandada para que contestase por escrito no prazo de dez días, conforme o disposto no xuízo ordinario.

Terceiro. Por dilixencia de ordenación do 24 de febreiro de 2021 declarouse en situación procesual de rebeldía a parte demandada e, ao non se solicitar a celebración de vista, quedaron os autos pendentes do ditado de sentenza. Na tramitación dos presentes autos observáronse, en esencia, as prescricións legais.

Parte dispositiva:

Considero integramente a demanda formulada por Sareb, S.A., representada polo procurador dos tribunais Jesús Martínez Melón, contra os ignorados ocupantes do terreo sito na rúa Ourelo nº 38, Balea, Darbo (Pontevedra), en situación procesual de rebeldía, e debo declarar e declaro o desafiuzamento dos demandados, declarando que ocupan a vivenda sita na rúa Ourelo nº 38, Balea, Darbo (Pontevedra), sen ningún título e sen pagar ningún tipo de contraprestación, en situación de precario e condeno os demandados a deixar libre, baleira e expedita a mencionada vivenda e á disposición da parte demandante, baixo apercibimento de lanzamento, se non se realiza dentro do prazo legal.

Condénase a parte demandada ao pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial no prazo de 20 días a partir da súa notificación, que deberá ser interposto ante este xulgado.

Lévese testemuño desta resolución aos autos correspondentes.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

En atención ao descoñecemento do actual domicilio do demandado, de acordo co disposto no artigo 497.2 da LAC, acordouse notificarlles a sentenza por medio deste edicto, e fáiselles saber que se encontra á súa disposición neste xulgado.

Este edicto cumpre coas condicións de publicación establecidas na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza.

Cangas, 25 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza