Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34964

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do acordo de suspensión de licenzas de demolición e nova edificación no ámbito da rúa Sinagoga, 4 e 4A, na cidade vella da Coruña (631/2021/112).

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o 2 de xuño de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Suspender polo prazo dun ano as licenzas de demolición e nova edificación, definidas nos artigos, 1.4.8, 1.4.9. e 1.4.10. do PXOM/13, no ámbito das parcelas sitas na rúa Sinagoga, números 4 e 4A, (referencias catastrais 9423104NJ4092S e 9423103NJ4092S respectivamente), do Plan especial de protección e reforma interior da cidade vella e a peixaría da Coruña de 2015 (PEPRI/15), identificadas no plano de delimitación e suspensión que acompaña a esta proposta, agás as obras de restauración, conservación e consolidación.

A suspensión non afectará as actividades sinaladas no artigo 86.3 do Regulamento da Lei do solo, nin as obras de restauración, conservación e consolidación recollidas no artigo 1.4.8 das normas urbanísticas do Plan xeral, nin as definidas nos artigos 56, 57 e 58.1 do PEPRI/15.

Xúntase ao presente acordo o resumo executivo co contido previsto no artigo 86.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que foi aprobado o regulamento da Lei do solo.

Segundo. Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello.

Terceiro. Facultar o concelleiro da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, co fin de realizar as xestións correspondentes tendentes a adquisición por mutuo acordo dos ditos inmobles, en atención ás peculiaridades da necesidade a satisfacer, da especial idoneidade do ben, do seu valor histórico-patrimonial e á recomendacións realizadas pola Comisión Asesora do PEPRI.

Cuarto. Notificar o presente acordo á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para os efectos previstos nos artigos 3.2.b) e 49 da Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia, referido o último deles aos dereitos de tanteo e retracto.

Quinto. Notificar o presente acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como ao Instituto Galego da Vivenda e o Solo, para os efectos dos dereitos de tanteo e retracto recollidos no artigo 13.1 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas, ao ter delimitado a dita Administración autonómica, unha área Rexurbe en cuxa delimitación se atopan inseridos os ditos inmobles.

Sexto. Notificar este acordo aos departamentos municipais implicados na execución do planeamento».

Contra este acordo cabe interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso potestativo de reposición ante o órgano que o ditou, no prazo máximo dun mes, ou ben, recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

O plano e o resumo executivo aos que fai referencia o acordo pódense descargar da páxina web de Urbanismo www.coruna.gal/urbanismo na epígrafe «Exposición Pública».

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 14 de xuño de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27 de xuño)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo