Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA ALB804 entre os apoios nº 38-8-3 e nº 38-8-5, no concello de Leiro (expediente IN407A 2021/31-3).

Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. (UFD); CIF: A63222533, con domicilio social na avenida San Luis, 77, 28033 Madrid, sobre as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública das instalacións eléctricas de referencia, que se desagregan no seu proxecto de execución, asinado o 5.11.2020 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable do día 6.11.2020, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito:

Primeiro. O proxecto, que ten un orzamento de 8.785,57 €, prevé a execución das instalacións que teñen as características técnicas que se detallan a seguir:

• Substitución de 3 apoios nº 36-8-3, 36-8-4 e 36-8-5, por deterioración, na LMT a 20 kV ALB804, instalando novos apoios de celosía metálica, do tipo C-16/500-B1C, C-18/1000-H35 e C-18/2000-H35 respectivamente, e o retensado do condutor LA-30 existente; a reforma ten a súa orixe no apoio nº 36-8 existente, de tipo C-14/2000, da LMT ALB804 (expediente 2327-AT), e o seu remate no apoio nº 36-8-6-CT, existente, de tipo HV-11/1000.

Segundo. A petición someteuse a información pública por Resolución desta xefatura territorial do 23 de marzo de 2021, que foi publicada no DOG do 15.4.2021, no BOP de Ourense do 15.4.2021, no xornal La Región desta capital do 12.4.2021, no taboleiro de anuncios do concello afectado e nesta xefatura territorial, en aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Dentro do prazo establecido Víctor Ameijeiras Pajarín, titular do predio nº 2 da relación de bens e dereitos afectados, presentou alegacións relativas á identificación errónea do tipo de cultivo da súa propiedade. Destas alegacións deuse traslado á empresa solicitante.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Esta xefatura territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, no Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. Cumpríronse os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no capítulo II, título VII, do citado Real decreto 1955/2000, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceiro. Polo que se refire ás alegacións presentadas por Víctor Ameijeiras Pajarín, titular do predio nº 2, relativas á identificación errónea do tipo de cultivo da súa propiedade, cómpre dicir que será no «evantamento das actas previas á ocupación», trámite para o cal será citado o afectado no momento que corresponda, cando o perito da Administración comprobe os actuais aproveitamentos e os demais datos que han servir, xunto coas follas de valoración que presenten as partes, para que o Xurado de Expropiación de Galicia adopte a resolución do correspondente prezo xusto.

Cuarto. No expediente inclúese acta de comprobación sobre o terreo do trazado da infraestrutura eléctrica, na cal non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000.

Esta xefatura territorial, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1º. Declarar de utilidade pública, en concreto, o proxecto e conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto antes sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

As instalacións executaranse en prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

2º. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo da resolución de información pública do proxecto.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 16 de xuño de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense