Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34916

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2021 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional técnico xestor de tecnoloxías da información e das comunicacións, grupo II, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 30 de setembro de 2019.

Por Resolución do 30 de setembro de 2019 convócanse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico xestor de sistemas, especialidade programación, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

O carácter transversal das actividades e mais a desaparición dalgunhas tarefas aconsellaron adaptar a estrutura básica do persoal da Area de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC) a esta realidade. Esta adaptación realizouse a través da modificación da ATIC por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2020 que supuxo, entre outras, a creación da categoría de técnico xestor de tecnoloxías da información e das comunicacións por transformación da anterior de técnico xestor de sistemas, especialidade programación.

En consecuencia, e de conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 30 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 10 de outubro) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional técnico xestor de tecnoloxías da información e das comunicacións grupo II, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional técnico xestor de tecnoloxías da información e das comunicacións a persoa que superou o proceso selectivo pola quenda de promoción interna e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (Rúa Nova, número 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: técnico xestor de tecnoloxías da información e das comunicacións

Quenda de promoción interna

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***2592**

Vilariño Fidalgo, Tomás