Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo ao deslindamento parcial do monte de Baamonde, no concello de Begonte (expediente 1-77/6DES-2019).

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 2.6.2021 figura o seguinte acordo:

Monte Baamonde (expediente 1/77), pertencente aos veciños da parroquia de Baamonde, no concello de Begonte, clasificado polo Xurado o 28.11.1977.

– O 20.11.2019 ten entrada unha proposta aprobada pola comunidade de Baamonde, de deslindamento parcial do monte veciñal con propiedades particulares. A proposta, tras serlle requirido, resultou emendada coa documentación presentada o 29.6.2020.

– O 7.8.2020 o Servizo de Montes emite un informe favorable da proposta de deslindamento.

– O 21.8.2020 envíase ao concello de Begonte o anuncio para os efectos da súa publicidade no seu taboleiro.

– O 10.9.2020 publícase no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se fai pública a proposta de deslindamento e se abre o prazo para alegacións.

Tras analizar as alegacións presentadas, o 12.1.2021 a comunidade de Baamonde presenta unha proposta, que recibe informe favorable do Servizo de Montes o 17.3.2021.

– O 31.3.2021 a comunidade de Baamonde presenta a proposta da liña de deslindamento definitiva e achega a documentación requirida no artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia.

– O 20.5.2021 o Servizo de Montes emite un informe en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Baamonde pasa a ter una superficie de 233,8 hectáreas.

De acordo co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados e o xurado provincial de montes veciñais en man común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

Visto o anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal após o deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 17 de xuño de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

anexo

missing image file