Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 7 de xullo de 2021 Páx. 34826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da aprobación do criterio interpretativo sobre categorización e alcance do réxime aplicable a predios de solo urbano incluídos nas zonas residencial intensiva e extensiva do Plan xeral de ordenación urbana en rueiros que contan con vía existente e paralela non executada, en función das determinacións da disposición transitoria primeira da Lei do solo de Galicia (expediente 2020/XENSUMAPH/000048).

O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 24.5.2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«(...) Aprobar o criterio interpretativo sobre categorización e alcance do réxime aplicable a predios de solo urbano incluídos nas zonas residencial intensiva e extensiva do PXOU en rueiros que contan con vía existente e paralela non executada, en función das determinacións da disposición transitoria primeira da LSG, nos termos que constan na proposta do director xeral da Área de Urbanismo de data 8.4.2021 (CSV VQJJ6HCACURZ9UNB, verificable en sede.pontevedra.gal.(...)».

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

Contra o acordo da aprobación definitiva deste criterio interpretativo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Ttribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998). Isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Pontevedra, 14 de xuño de 2021

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde