Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 7 de xullo de 2021 Páx. 34825

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de información pública para un estudo de detalle.

Unha vez solicitada por Xosé María Teixido Núñez, con data do 7.4.2021 e co ERE nº 178, a aprobación do estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións e rasantes, e logo da aprobación inicial por parte da Xunta de Goberno Local con data do 2.6.2021, de conformidade co artigo 194.2 do Decreto 143/2016, polo que se aproba o regulamento da Lei do solo de Galicia, sométese á información pública o expediente na Unidade de Urbanismo do concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns á venres, por prazo dun mes, para que os interesados o poidan examinar e formular as reclamacións que consideren pertinentes. Os datos da actuación solicitada son os seguintes:

– Promotor/a: Promociones Teixido López, S.L.

– Solicitude: estudo de detalle para o reaxuste de aliñación e rasantes.

– Enderezo da parcela: avenida da Coruña, nº 74, e rúa Fonte de San Blas, nº 1, de S. Xoán de Lagostelle.

– Ref. catastral: 9318906NH8891N0001YB.

– Do estudo de detalle:

• Técnica redactora: María A. Miraz Vázquez, arquitecta col. nº 3230 do COAG.

• Visado colexial: 2101808,2 do 6.4.2021.

– Clasificación do solo: solo urbano consolidado.

– Ordenanza de aplicación: EM edificación mixta.

Guitiriz, 8 de xuño de 2021

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa