Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 5 de xullo de 2021 Páx. 34407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación de solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada á Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos, S.A. (AFAMSA) para a súa planta de procesamento de aceites e graxas animais e vexetais, situada no concello de Mos (expediente 2021-IPPC-M-26).

Para os efectos previstos no artigo 15 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), faise público que por espazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento de solicitude de modificación substancial presentado pola Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos, S.A. (AFAMSA) para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2021-IPPC-M-26.

Núm. de autorización ambiental integrada: 2014-IPPC-I-13.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.1.b.iii).

Titular: Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos, S.A. (AFAMSA).

CIF: A36604783.

Enderezo do titular: Parque Empresarial da Veigadaña, rúa Baloutas, 25, 36416 Mos (Pontevedra).

Enderezo da instalación: Parque Empresarial da Veigadaña, rúa Baloutas, 25, 36416 Mos (Pontevedra).

Actividade principal: transformación de aceites e graxas de orixe animal e vexetal.

Descrición da modificación substancial: o titular ten prevista a fabricación dun novo produto, denominado graxa vexetal hidroxenada, na liña de hidroxenación existente.

Verteduras: non se producirá ningunha nova vertedura de augas residuais derivado da execución da modificación substancial.