Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 5 de xullo de 2021 Páx. 34405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 28 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Vidal e Hijos, C.B. para unha explotación de porcino en ciclo pechado no lugar das Travesas, parroquia de Santa María de Beira, concello de Carral (expediente 2019-IPPC-M-103).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– «Revisión de autorización ambiental integrada para as instalacións de explotación porcina propiedade de Vidal e Hijos, C.B.».

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-103.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2010/1015_PPC_249.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.b.

Titular: Vidal e Hijos, C.B.

NIF: E15538846.

Enderezo social: Rúa Salgueiros, s/n, Arteixo (A Coruña).

Localización da instalación: As Travesas, parroquia de Santa Maria de Beira, concello de Carral (A Coruña).

Actividade principal: explotación porcina en ciclo pechado.

Descrición: a explotación porcina consta de 576 porcas reprodutoras con leitóns ata 20 kg, 2.860 porcos para ceba e de 6 verróns para a inseminación das porcas. A instalación posúe un conxunto de fosas interiores e fosas exteriores cubertas que garanten o almacenamento do xurro producido en 6 meses.

Verteduras: as aguas xeradas na limpeza das naves e as augas sanitarias da explotación son recollidas e conducidas cara ao sistema de fosas de xurro e xestionaranse conxuntamente con este. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo, sen depuración previa.

O xurro xerado será valorizado como fertilizante orgánico-mineral.