Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 1 de xullo de 2021 Páx. 33600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 14 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2020/113-1, no concello de Cariño.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada adecuación LMTA MEA-816 e CT Feás, no concello de Cariño (expediente IN407A 2020/113-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 14 de xuño de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/113-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: adecuación LMTA MEA-816 e CT Feás.

Concello: Cariño.

Predio

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

17

1063

Descoñecida

1.7.2021

2

16

1083

Descoñecida

1.7.2021

3

16

2394

Descoñecida

1.7.2021