Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 1 de xullo de 2021 Páx. 33601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente LU-RES-2020-008 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede desta dirección xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, 15781 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

LU-RES-2020-008

44843123T

Resolución

CO-RES-2020-011

11716591T

Resolución

PO-RES-2020-008

35414651X

Resolución