Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 1 de xullo de 2021 Páx. 33595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da infraestrutura gasística de distribución denominado Instalacións de inxección de gas renovable na rede de distribución de gas Edar Bens no concello da Coruña, promovido por Nedgia, S.A. (expediente IN627A 2021/1-1).

Logo de examinar o expediente instruído a pedimento da empresa Nedgia, S.A., con enderezo para os efectos de notificacións na rúa Lisboa, edificio Área Central, local 31 HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), resultan os seguintes:

Feitos:

Con data 27 de xaneiro de 2021, Nedgia, S.A. presentou a solicitude de outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución das instalacións recollidas no documento técnico denominado Instalacións de inxección de gas renovable na rede de distribución de gas Edar Bens (A Coruña), achegando a seguinte documentación:

a) Proxectos técnicos das instalacións para a súa aprobación subscritos por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial (colexiado nº 1.534-ICOIIG).

b) Declaración responsable do técnico asinante dos proxectos, segundo a Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG núm. 229, do 30 de novembro) sobre os criterios aplicables para exixir visado colexial en materia de industria e enerxía.

O punto de conexión das canalizacións proxectadas é a acometida interior, inscrita a nome da Empresa Municipal de Aguas de A Coruña, S.A., no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia (REIG 15/31448) como parte da instalación receptora de alta presión (IN625A 2011/105) e tramitada a súa incorporación á rede de Nedgia S.A. no expediente IN627A 2021/1-1.

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, someteuse ao tramite de información pública o proxecto achegado, que foi publicado no BOP do 7 de abril de 2021, DOG do 14 de abril de 2021, La Opinión de A Coruña do 5 de abril de 2021 e La Voz de Galicia do 5 de abril de 2021.

Durante a fase de información pública non se achegaron alegacións ao proxecto.

Consideracións legais e técnicas:

1. Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos (BOE núm. 241, do 8 de outubro), modificada pola Lei 12/2007, do 7 de outubro (BOE núm. 158, do 3 de xullo), que ten por obxecto renovar, integrar e homoxeneizar a distinta normativa legal vixente en materia de hidrocarburos e dispón, entre outras materias, a ordenación da subministración de gases combustibles por canalización.

2. Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Orde do 30 de novembro de 1999, da Consellería de Industria e Comercio (DOG núm. 244, do 21 de decembro), que regula o procedemento «Sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas» e, no seu artigo 2 en particular, as competencias das delegacións provinciais (actualmente, xefaturas territoriais), dentro do réxime de autorizacións administrativas das canalizacións de gas, agás a normativa derrogada a que fai referencia nesta orde.

4. Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización das instalacións de gas natural (BOE núm. 313, do 31 de decembro).

5. Real decreto 919/2006, do 28 de xullo, polo que se aproba o Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas instrucións técnicas complementarias ICG 01 a 11 (BOE núm. 211, do 4 de setembro) e, en particular:

a) O disposto na ITC-ICG 01 Instalacións de distribución de combustibles gasosos por canalización, que ten como obxecto fixar os requisitos técnicos esenciais, as medidas de seguridade que deben observarse referentes ao proxectado, construción e explotación das instalacións de distribución de combustibles gasosos por canalización a que se refire o artigo 2 do citado real decreto, así como determinar as prescricións relativas ás probas que se deben realizar previamente á posta en marcha e os procedementos de operación, mantemento e control das instalacións.

6. Decreto 62/2010, do 15 de abril, da Consellería de Economía e Industria, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP) (DOG núm. 77, do 26 de abril).

7. Decreto 51/2011, do 17 de marzo, da Consellería de Economía e Industria, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa ós servizos no mercado interior (DOG núm. 65, do 1 de abril).

8. As características básicas da rede proxectada son:

a) Instalacións da rede de distribución gasista necesarias para a incorporación de biometano na rede de distribución de gas natural, propiedade de Nedgia, S.A.. no concello da Coruña, provincia da Coruña:

b) Módulo de inxección de biometano, para elevar a presión, filtrar, regular, comprobar a calidade do biometano e odorizar o gas tratado na planta de upgrading, constituído por unha sala de compresión, sala de regulación e medida e sala de control.

c) Canalización aérea, realizada en tubaxe de aceiro inoxidable DN 2” en Mop 16 bar, que parte do módulo de inxección existente nas instalacións da Edar de Bens, no concello da Coruña (A Coruña), e remata no punto de inxección, situado aproximadamente sobre as coordenadas Etrs89 Utm 29, X: 543.943, Y: 4.801.638.

d) Canalización subterránea, realizada en tubaxe de aceiro Gr L245, de 4’’ de diámetro e 3,6 mm de espesor de parede.

e) Instalacións auxiliares ao longo da acometida:

– Válvula de seccionamento de 4’’ nas inmediacións do punto de inxección.

9. O servizo técnico desta xefatura informa que, unha vez analizado o expediente, as instalacións proxectadas cumpren cos requisitos regulamentarios.

De acordo co todo o indicado,

RESOLVO:

1. Autorizar administrativamente e aprobar o proxecto de execución das instalacións de gas canalizado proxectadas e descritas nos antecedentes, así como ás acometidas, para a súa execución antes do remate do ano 2021.

2. A autorización das instalacións concederase coas seguintes condicións:

– A aprobación do proxecto de execución solicitada por Nedgia, S. A. outorgarase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

– Antes do inicio das obras Nedgia, S.A. poñerá en coñecemento de todas as administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral con bens e dereitos ao seu cargo das respectivas afeccións que se estivesen a xerar coa execución das instalacións recollidas no documento denominado Transmisión de la acometida interior de gas natural de la EDAR de Bens (A Coruña), provincia da Coruña, coa finalidade de que poidan avaliar o seu contido, e establecer os condicionantes que consideren oportunos.

– Previamente ao inicio das obras deberán achegar a esta xefatura territorial todas as autorizacións e permisos dos titulares dos bens afectados pola instalacións proxectadas, xunto coa designación da razón social da empresa instaladora autorizada de gas que vai realizar as obras e o director de obra responsable delas.

– A empresa distribuidora vixiará que as canalizacións de gas respecten en todo momento as exixencias dispostas nas autorizacións e/ou informes emitidos por outras administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral e, en particular, naquelas zonas en que no subsolo se encontren instalados outros servizos, tales como electricidade, telecomunicacións, subministración de auga, etc., as conducións do gas serán instaladas de xeito que se cumpran escrupulosamente as distancias de seguridade previstas nas súas respectivas normativas sectoriais.

– De conformidade cos criterios e exixencias previstos na regulamentación vixente, deberanse instalar os elementos de seguridade que sexan necesarios, particularmente válvulas, coidando da súa accesibilidade.

– Se durante a fase de execución das obra se tivesen que adoptar medidas técnicas non recollidas neste proxecto e no proxecto inicialmente autorizado, e antes da súa execución, deberase dispoñer do pertinente visto e prace desta xefatura territorial.

– Todas as modificacións efectuadas na fase de execución deberán ser recollidas na dirección de obra, sempre e cando non superen un 20 % respecto ás instalacións recollidas neste proxecto, e só no que se refire ao cambio de trazado; superado este límite, deberán achegar a correspondente addenda para a súa aprobación por parte desta xefatura territorial.

– Todas as ampliacións da rede de distribución de gas natural estará suxeitas á presentación da correspondente addenda para a súa aprobación por parte desta xefatura territorial.

– Esta xefatura territorial reservará para si o dereito a deixar sen efecto a autorización que se considere procedente emitir, no momento en que se comprobe o incumprimento das condicións regulamentarias ou de calquera das condicións precedentes.

– O prazo de execución das instalacións recollidas neste expediente rematará o 31 de decembro de 2021; este prazo será prorrogable consonte o establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

– Para os efectos da posta en marcha parcial das instalacións, presentarase un certificado da empresa distribuidora e da empresa instaladora de superación das probas regulamentarias realizadas baixo a supervisión do director de obra responsable delas, e o seu certificado de dirección de obra.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común da administracións publicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 28 de maio de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña