Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Louxeiras de San Xoán de Alba, no concello de Vilalba (expediente 4/2020).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 2.6.2021 baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Miguel Ángel Cela González, Josefina Pereira de la Riera e Antonio José López-Acuña Herrero, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Nome: Louxeiras.

– Pertenza: veciños da parroquia de San Xoán de Alba.

– Parroquia: San Xoán de Alba.

– Concello: Vilalba.

– Superficie: 21,2 hectáreas.

Na seguinte táboa indícase a referencia catastral das parcelas clasificadas, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo I, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcela clasificada

Parcelas estremeiras

27065A14701065 (parcialmente)

Norte

27065A14809012 (camiño)

Leste

27065A14701156

27065A14701157

27065A14701169

27065A14701168

27065A14701172

27065A14701172

27065A14701174

27065A14701175

27065A14701071

27065A14701070

Sur

27065A14701065 (MVMC Louseiras Torre)

27065A14709015

Oeste

27065A14709001 (recurso de auga)

27065A14700490

27065A14700492

27065A14700494

27065A14700496

27065A14701155

27065A14701152

27065A14701152

27065A14701151

27065A14709037 (Rego Ferreiroa)

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. O anterior, en relación co precepto legal recollido no artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e no artigo 28 do seu regulamento.

Lugo, 7 de xuño de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file