Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Serra do Pozo (ampliación), no concello de Baleira (expediente 3/2020).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 2.6.2021 baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Miguel Ángel Cela González, Josefina Pereira de la Riera e Antonio José López-Acuña Herrero, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Nome: Serra do Pozo (ampliación).

– Pertenza: veciños da parroquia de Librán.

– Parroquia: Librán.

– Concello: Baleira.

– Superficie: 85,03 hectáreas.

Na seguinte táboa diferéncianse catro zoas coas referencias catastrais das parcelas clasificadas, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo I, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Zona

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

1

27004C00300290

Norte

27004A05100105

Leste

27004A05100105

27004C00300291

Sur

27004C00309011

Oeste

27004C00300289

2

27004C00400393

27004C00400382

Norte

27004C00409016

27004C00400394

27004C00400381

27004C00400383

Leste

27004C00400383

27004C00400384

Sur

27004C00400385

27004C00400391

27004C00400392

Oeste

27004C00609003

27004C00409016

3

27004C00600563

Norte

27004C00609003

Leste

27004C00609005

Sur

27004B00100055

Oeste

27004C00600560

27004C00600561

27004C00600562

4

27004C00600535

27004C00600536

27004C00600537

Norte

27004C00500534

27004C00609001

Leste

27004C00600546

27004C00600545

27004C00600544

27004C00600543

27004C00600542

27004C00600541

27004C00600540

Sur

27004C00609011

27004C00600538

27004B00100019

27004B00100017

27004B00100016

27004B00100012

27004B00100011

Oeste

27004C00605044

27004C00609012

27004C00609012

Tras esta ampliación, o MVMC Serra do Pozo pasa a ter unha superficie total de
543,13 hectáreas.

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. O anterior, en relación co precepto legal recollido no artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e no artigo 28 do seu regulamento.

Lugo, 7 de xuño de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file