Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 7 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico Farrapa II (expediente 066-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Así mesmo, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas). Debido ao protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía, todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias poderán facelo con cita previa obtida no teléfono 982 87 90 88.

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración.

Lugo, 7 de xuño de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 066-EOL

Denominación: parque eólico Farrapa II

Concellos da Pastoriza e Abadín (Lugo)

Afeccións en m²:

Parcela

Interesado

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Zap.-plat.

Sub.

Vía/vía-gabia

Gabia

Aéreo

Van

26

Descoñecido (fiscal da Audiencia Provincial)

53

94

Costa de Abadín

Monte baixo

395

27

Descoñecido (fiscal da Audiencia Provincial)

53

165

Costa de Abadín

Monte baixo

1.352

57

Descoñecido (fiscal da Audiencia Provincial)

53

119

Cadaval

Monte baixo

605

58

Descoñecido (fiscal da Audiencia Provincial)

53

120

Cadaval

Monte baixo

954