Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 4 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMTA-LMTS ROS803 en Solvado-Barrantes, no concello de Tomiño.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMTA-LMTS ROS803 en Solvado-Barrantes, no concello de Tomiño, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 4 de xuño de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co artigo 37.1
do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe de servizo de Administración Industrial

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/32-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Reforma LMTA-LMTS ROS803 en Solvado-Barrantes.

Concello: Tomiño.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade

Enderezo

Data

Hora

1

36054A056001640000EZ

Solvado-Barrantes

Descoñecida

Descoñecido

9 de setembro de 2021

12.00

2

36054A056002210000EX

Solvado-Barrantes

Marisol Pereira Domínguez

Descoñecido

9 de setembro de 2021

12.00