De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica para a ampliación dun establecemento comercial colectivo en Nigrán, promovido por Nasas Nigrán 2021, S.L.
Para estes efectos, cumprindo a información que se debe outorgar ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:
a) Nasas Nigrán 2021, S.L. solicitou a concesión da autorización comercial autonómica para a ampliación dun establecemento comercial colectivo en Nigrán.
b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia e no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a súa estrutura orgánica.
c) O órgano do que pode obterse información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, no seguinte enlace:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/autorizacions-grandes-superficies-comerciais/porto-molle
e) A participación do público poderá realizarse durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio.
Así mesmo, poderán formular as alegacións, observacións e suxestións que consideren oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e Consumo e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, no prazo de 20 días hábiles a partir da data de publicación do presente anuncio.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2021
Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo