Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de xuño de 2021 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente COR/52/2018-A1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 6 de maio de 2021, resolución pola que se impón unha multa coercitiva, derivada do expediente de reposición de la legalidad urbanística COR/52/2018-RP1 como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 2 de setembro de 2020, na cal se ordena a demolición dunha edificación prefabricada con tipoloxía de vivenda unifamiliar (tipo mobilhome) e unha caseta metálica, realizada sen autorización autonómica, no lugar da Mirandela, parroquia de Xobre, no termo municipal da Pobra do Caramiñal, provincia da Coruña, por resultaren incompatibles co ordenamiento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Antonio Manuel Rivas Gey e Araceli Insua López, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística