Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de xuño de 2021 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 124/2021 no expediente de reposición da legalidade LUG/173/2017-RP1.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, en relación co procedemento ordinario núm. 124/2021, interposto por José Andrés Felpeto Prado, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 5.1.2021, interposto contra outra do 25.9.2018, expediente LUG/173/2017-RP1, na cal declara que as obras executadas en solo rústico sen autorización urbanística autonómica consistentes na execución de varias construcións auxiliares dunha vivenda unifamiliar non vinculada a unha explotación agrícola ou gandeira (que xa conta con orde de demolición anterior), no lugar de Pedrouzos, parroquia da Torre, concello de Vilalba, localizadas na parcela catastral núm. 27065A149001660000MW, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que dese lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas –LPACAP–, se notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázanse os herdeiros de Ricardo Felpeto Ferreiro para que poidan presentarse como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística