Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31202

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (957/2017).

Eu, María del Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza con destino na Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, fago constar que na peza de apelación 957/2017, seguido nesta Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, dimanante do procedemento ordinario 716/2016 do Xulgado de Primeira Instancia 14 de Vigo, sobre acción declarativa de dominio, esta sección, con data do 27 de xullo de 2018, ditou sentenza estimando o recurso de apelación e a demanda formulados por Manuel Mauricio Berges Rodríguez contra Sergio Varela Berges e outros, cuxo texto íntegro se encontra nesta sección á disposición dos interesados.

Contra a sentenza de apelación pode interpoñerse recurso de casación/extraordinario por infracción procesual, dentro dos 20 días seguintes ao da notificación, conforme o previsto nos artigos 477 e 479 da Lei de axuizamento civil.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Sergio Varela Berges, cuxo domicilio se descoñece, expido o presente edicto.

Vigo, 11 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza