Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 230/2020 deste xulgado do social se ditou Sentenza do 24 de maio de 2021, contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de 5 días a partir da súa notificación, e fágaselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na Secretaría deste órgano xudicial.
E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios de Seguridade Integral e Mantenementos A1, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 27 de maio de 2021
A letrada da Administración de xustiza