Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31140

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 8 de xuño de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).

O día 9 de febreiro de 2021, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).

No seu artigo 21 precísanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas e sinálase que a consellería competente no medio rural poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde.

Dado que a dotación orzamentaria desa orde ascende á cantidade de 150.000,00 euros para o ano 2021 e 1.350.000,00 € para o ano 2022, e posto que esa dotación é insuficiente tendo en conta o importe das solicitudes recibidas, cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria das anualidades 2021 e 2022 para a concesión das mencionadas axudas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Incremento de crédito

1. Ampliar a dotación orzamentaria asignada á Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C), con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 14.03.713B.770.0 por importe de 5.229.839,96 euros, nas seguintes anualidades:

– Ano 2021: 522.983,99 euros.

– Ano 2022: 4.706.855,97 euros.

Como resultado desta ampliación, o orzamento total asignado á presente orde é o seguinte:

– Ano 2021: 672.983,99 euros no código de proxecto 2016 00210 na aplicación orzamentaria 14.03.713B.770.0.

– Ano 2022: 6.056.855,97 euros no código de proxecto 2016 00210 na aplicación orzamentaria 14.03.713B.770.0.

Como consecuencia tamén se modifica a distribución do crédito establecida no punto 1, do artigo 22 como segue:

1. Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 21, segundo o tipo de actuación:

a) Servizo de apoio técnico para a xestión forestal (actuación 1): 2.577.200 € (257.720,00 € para o ano 2021 e 2.319.480,00 € para o ano 2022).

b) Revisión de esbozos das carpetas-ficha en MVMC (actuación 2): 2.076.319,98 € (207.631,99 € para o ano 2021 e 1.868.687,99 € para o ano 2022).

c) Deslindamentos parciais entre CMVMC (actuación 3): 1.245.791,99 € (124.579,20 € para o ano 2021 e 1.121.212,79 € para o ano 2022).

d) Deslindamentos parciais entre CMVMC e propiedades particulares (actuación 4): 830.527,99 € (83.052,80 € para o ano 2021 e 747.475,19 € para o ano 2022).

Esta dotación poderá ser incrementada con fondos comunitarios, do Estado, ou da Comunidade Autónoma.

2. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dis-poñibilidades orzamentarias.

Artigo 2. Ausencia de efectos sobre o prazo de solicitudes

O incremento de crédito previsto no artigo 1 desta orde non afecta o prazo de presen-tación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional única. Modificación do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020

Esta ampliación da dotación orzamentaria queda condicionada á aprobación da sexta modificación do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2021

José Gónzalez Vázquez
Conselleiro do Medio Rural