Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31143

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 8 de xuño de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).

BDNS (Identif.): 547312.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Incremento de crédito

1. A dotación orzamentaria prevista para as axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso a boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, de acordo coa Orde do 31 de decembro de 2020 (DOG núm. 26, do 9 de febreiro), increméntase no importe en 5.229.839,96 euros na aplicación orzamentaria 14.03.713B.770.0. e nas seguintes anualidades:

– Ano 2021: 522.983,99 euros.

– Ano 2022: 4.706.855,97 euros.

2. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

3. A ampliación prevista no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 31 de decembro de 2020.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2021

José Luís Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal