Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30742

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (xuízo verbal 1068/2020).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de Xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio que neste procedemento seguido por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A., fronte a Valeria Maylin Palacios Pérez, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«María Isabel Suárez García, maxistrada xuíza de Primeira Instancia número 3 de Ourense e do seu partido xudicial, dita a seguinte sentenza.

Ourense, 4 de febreiro de 2021.

Vistos por min, sen audiencia pública, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número indicado, de reclamación de cantidade derivada de contrato de préstamo, acción principal de resolución de contrato de préstamo e subsidiaria de reclamación de cantidades non pagadas, en que foron partes o demandante, a entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A., con CIF A-70302039, que compareceu representada pola procuradora Sra. Gómez Molíns e asistida pola letrada Mercé Boloix Mascarell; como parte demandada, Valeria Maylin Palacios Pérez, con NIE E4629396Q, en situación de rebeldía procesual, recae a presente con base nos seguintes:

Seguen os antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos xurídicos,

Decido

Acoller a demanda presentada pola procuradora Sra. Gómez Molíns, na representación da entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A., formulada contra Valeria Maylin Palacios Pérez, con NIE Y4629396Q, e en consecuencia, debo declarar e declaro a resolución do contrato de préstamo número 500-0402-008762/1, por incumprimento da demandada das súas obrigacións, e consecuentemente, coa resolución e perda do dereito ao prazo, debo condenar e condeno o demandado a que aboe a Abanca o importe de cinco mil novecentos cincuenta e tres euros con oitenta e un euros, 5,953.81 €, cos xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil. Así como o pagamento das custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que cabe recurso de apelación na súa contra que se presentará no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino».

E atopándose a dita demandada, Valeria Maylin Palacios Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 5 de marzo de 2021

La letrada da Administración de xustiza