Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30740

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (XVB 186/2020).

Eu, María Regina Domínguez Cougil, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, por este edicto

Anuncio

Que no presente procedemento de xuízo verbal 186/2020, seguido por instancia de Benito Alonso Diz fronte a Carlos Enrique Rafael Díaz Ureña González, se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Ourense, 3 de maio de 2021.

Irina Fernández Fernández, xuíza en funcións de substitución do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta cidade, viu os autos de xuízo verbal 186/2020, promovidos por Benito Alonso Diz, representado polo procurador dos tribunais José Meréns Ribao e asistido pola letrada María Jesús Novoa Aira, contra Carlos Enrique Rafael Díaz Ureña González, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo:

Estimo substancialmente a demanda formulada por Benito Alonso Diz fronte a Carlos Enrique Rafael Díaz Ureña González e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condenar a Carlos Enrique Rafael Díaz Ureña González a aboarlle a Benito Alonso Diz a cantidade de tres mil cincocentos un euros con sesenta e un céntimos (3.501,61 €), a cal reportará os xuros legais do diñeiro incrementado en dous puntos desde a data desta resolución.

2º. Condenar a Carlos Enrique Rafael Díaz Ureña González ao pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que non é firme e que se pode interpoñer un recurso de apelación, ante este xulgado, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Irina Fernández Fernández, xuíza en funcións de substitución do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense.

Ao encontrarse o dito demandado, Carlos Enrique Rafael Díaz Ureña González, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 3 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza