Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 14 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, polo que se acorda o alleamento, polo procedemento de poxa pública, de diversos bens inmobles de titularidade autonómica situados nos concellos de Melide e Santiago de Compostela.

Ás 11.00 horas do día 29 de xullo de 2021 terá lugar no salón de actos número 2 da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, situado no Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ante a mesa presidida polo secretario xeral técnico e do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención Xeral e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a poxa pública dos bens inmobles patrimoniais da Comunidade Autónoma de Galicia que se describen a seguir e dos que foi acordado o seu alleamento mediante a Orde do 3 de marzo e 12 de abril de 2021:

Lote 1. Terreo de 455 m² sobre o que se asenta unha edificación que foi caseta de legoeiros na estrada AC-840 Betanzos-A Golada (antes C-540 Betanzos-Lalín), no punto quilométrico 11,590 (hoxe 48,590), no lugar das Cazallas, no concello de Melide. Estrema, segundo o rexistro, ao norte, Manuel Costoya Gómez; ao sur, Jesús Sánchez López; ao leste, Saturnino Montero Ares, Carmen Mosquera Gómez e María de los Ángeles Mellid Cardelle; e ao oeste, a estrada AC-840 Betanzos-A Golada. Referencias catastrais: 001501000NH75D0000IS e 001501000NH75D0001OD. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa como predio nº 21766 de Melide, tomo 800, libro 150, folio 6.

Tipo de licitación, primeira poxa: 22.148,51 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 18.826,23 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 15.503,96 €.

Lote 2. Terreo de 317 m², sobre o que se levanta unha superficie construída de 109 m², que foi caseta de legoeiros na estrada C-540 Betanzos-A Golada, no punto quilométrico 5,47, no lugar da Casilla, no concello de Melide. Segundo o rexistro, o conxunto estrema, ao norte e ao oeste, con María del Carmen Barreiro Sánchez; ao sur, co camiño; e ao leste, co camiño (antiga estrada C-540 Betanzos-A Golada). Referencia catastral 001002800NH74H0001RO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa como predio 21.755 de Melide, no tomo 796, libro 149, folio 185.

Tipo de licitación, primeira poxa: 25.828,46 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 21.954,19 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 18.079,92 €.

Lote 3. Local 1B, situado na planta baixo cuberta do inmoble sito na rúa Doutor Teixeiro nº 26, no concello de Santiago de Compostela, con cualificación de rocho. Posúe unha extensión de 91,30 m² e a súa entrada está no corredor de distribución dos rochos das vivendas. Linda, ao norte, co edificio número 24 da rúa Doutor Teixeiro, o ascensor e o patio de luces; ao sur, co edificio número 28 da dita rúa; ao leste, cun rocho e o corredor de distribución dos rochos; ao oeste, coa vertical no terreo a patio anexo ao piso baixo. Ten asignada unha cota de participación do 7 %. Referencia catastral 7271203NH3477A1001FU. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela co nº 53838, tomo 1865, libro 755, folio 172.

Tipo de licitación, primeira poxa: 70.673,81 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 60.072,74 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 49.471,67 €.

Lote 4. Parcela número 187, denominada Lagos, sita no lugar de San Xoán de Fecha, no concello de Santiago de Compostela, cunha superficie aproximada de 13.934 m². Segundo o rexistro linda, ao norte, cunha zona excluída e un camiño público; ao sur, con María Josefa Iglesias Pérez; ao leste, cunha zona excluída, e ao oeste, cun camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral 15079C503001870000WK. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela como predio 22.930, tomo 1202, libro 244, folio 184.

Tipo de licitación, primeira poxa: 11.738,00 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 9.977,30 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 8.216,60 €.

Lote 5. Parcela número 254, denominada Chan dos Montes, situada no lugar de San Xoán de Fecha, no concello de Santiago de Compostela, cunha superficie aproximada de 19.610 m². Segundo o rexistro da propiedade linda, ao norte, cun camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; ao sur, con Luís García Miramontes e outros; ao leste, cunha zona excluída; e ao oeste, con Josefa Bastón García e outro. Referencia catastral 15079D503002540000LD. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22936, tomo 1202, libro 244 e folio 187.

Tipo de licitación, primeira poxa: 16.519,46 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 14.041,54 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 11.563,62 €.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do ben ante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda:

http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion

Para asistir á poxa, por motivos relacionados coa COVID-19, recoméndase solicitar cita previa.

Teléfonos de información: 981 54 41 51/981 95 78 11/981 54 44 27.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2021

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio