Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 14 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, polo que se acorda o alleamento polo procedemento de poxa pública dun ben inmoble de titularidade autonómica situado no concello de Nigrán.

Ás 11.00 horas do día 28 de xullo de 2021 terá lugar no salón de actos do Edificio Administrativo de Vigo, situado na rúa Concepción Arenal, nº 8, Vigo, ante a mesa presidida polo secretario xeral técnico e do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, dun representante da Intervención Xeral e dun funcionario da Secretaría Xeral técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, poxa pública do seguinte ben inmoble da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado pola Orde do 25 de marzo de 2021:

Predio urbano. Casa de planta baixa distribuída para unha vivenda en cociña, comedor, baño, 3 dormitorios, vestíbulo e soportal, cos seus servizos complementarios, que ocupa unha superficie de 104,78 m² do terreo con piñeiral denominado Foz, fronte á estrada da Ramallosa á praia América, sito na parroquia da Ramallosa, concello de Nigrán, co fondo, que é de 25 metros, á estrada da Ramallosa, da cabida de 1.250 m²; as liñas laterais son paralelas con 25 metros de largo, e os seus lindeiros son os seguintes: norte, máis de Jesús Quintero e terreo de Ramona Diéguez Cervela; sur, máis terreo de Ramona Diéguez Cervela; leste, camiño veciñal; e oeste, estrada da Ramallosa á praia América. Sen cargas. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 6 de Vigo como predio 6042, no folio 218, tomo 2.826 do libro 468. Referencia catastral 5432009NG1653S0001MY.

Tipo de licitación, primeira poxa: 284.585,24 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 241.897,45 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 199.209,67 €.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do ben perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda:

http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion

Para asistir a poxa, por motivos relacionados coa COVID-19, recoméndase pedir cita previa.

Teléfonos: 981 54 41 51/981 95 78 11/981 54 44 27.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2021

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio